Filosofía en Acción

Fieis ao Día Mundial da Filosofía proclamado pola UNESCO, presentamos un ano máis o FORO VIRTUAL DE FILOSOFÍA, este ano 20230 dedicado a reforzar o carácter práctico e vivencial da filosofía, tal e como se entendía no mundo clásico. Por este motivo enmarcamos as actividades baixo o lema: FILOSOFÍA EN ACCIÓN.

En Nova Acrópole entendemos que a filosofía, o amor á sabedoría, debe unir o aspecto especulativo, de reflexión profunda sobre os temas fundamentais do ser humano e da vida, coa acción, orientada dende a reflexión sincera, manifestándose en oportunidades de transformación persoal activa e noso mundo.

A filosofía pode aportar moito á era que se abre neste século XXI, pero debe ser unha filosofía activa, profunda e práctica ao mesmo tempo, que non só nos achegue á comprensión da Verdade, do Ben, da Xustiza ou da Beleza, senón máis ben que nos move a vivir dunha forma coherente coas nosas ideas e valores, permitíndonos integrar pensamento, sentimento e acción.

Conferencias e encontros virtuais