Filosofía Estoica

O Foro Virtual da Filosofía Estoica nace no marco da celebración en novembro do Día Mundial da Filosofía proclamado pola UNESCO.

Son máis de 10 anos de conferencias con temas tan interesantes como a dignidade, a arte, a mocidade, o progreso, os mitos, a educación platónica, etc. Todo este esforzo mostra a determinación de destacar a importancia da filosofía como núcleo de todos os avances civilizacionais da Humanidade. A filosofía é reflexión, inspiración e busca de claves para comprender e mellorar a condición humana.

A pandemia levounos a reinventarnos e dar un paso adiante e así nace este novo proxecto, o Foro Virtual, que este ano dedicaremos á Filosofía Estoica.

Nada máis actual que o estoicismo para estes momentos de crise nos que nos enfrontamos a grandes retos e adversidades. Como filosofía de gran practicidade, segue a ser unha fonte de inspiración e forza para a vida despois de máis de 2000 anos.

Conferencias e encontros virtuais