
Un ano máis lanzámonos á enriquecedora tarefa de celebrar o Día Mundial da Filosofía proclamado pola UNESCO.
A Organización Internacional Nova Acrópole, dende o seu nacemento, promoveu a filosofía como reflexión e compromiso necesario coa vida. Ela é o motor máis completo que nos pode colocar ante nós mesmos para axudarnos a coñecernos e a darnos conta como seres humanos.
Cando nos facemos preguntas como: Quen son eu? de onde veño? e onde vou? Todo ser humano está tentando pasar do mero impulso da supervivencia biolóxica á necesidade de recoñecer un sentido á vida, de atesourar unha experiencia e de proxectarse cara un futuro que quere construír.
Cando nos vemos como seres que teñen un potencial marabilloso, aínda por desenvolver, é cando comezamos a pasar da condición de “vítimas” das circunstancias e do mundo, a “aprendentes” e “construtores” da nosa propia historia.
Por estas e outras razóns quixemos volver, dos sabios gregos, ao vello dito:
Coñécese a si mesmo
Conferencias e encontros virtuais
