Foros e conferencias
Foros virtuais de filosofía
Dende hai varios anos, a Escola de Filosofía da Nova Acrópole en España vén promovendo diversos foros filosóficos e encontros virtuais, centrados en temas de especial interese. Esta iniciativa comezou como unha forma de celebrar o Día Mundial da Filosofía, proclamado pola UNESCO, e posteriormente ampliouse a outros momentos significativos ao longo do ano.
Os foros virtuais que realizamos reúnen profesores e expertos de diferentes materias que, cun enfoque pedagóxico e atractivo, nos achegan, a través da reflexión filosófica e do estudo histórico e antropolóxico, a temas que resultan de interese para aqueles que buscan penetrar nos misterios da vida e do ser humano.
