Nova Acrópole, unha escola de filosofía no século XXI
Nova Acrópole naceu para darlle de novo á filosofía unha oportunidade de vida. É dicir, á eterna procura do coñecemento, á eterna busca da raíz e do porqué das cousas, a esas preguntas que os seres humanos nos facemos constantemente e para as que buscamos respostas fundamentadas.
Así naceu a nosa escola de filosofía comparada de Oriente e Occidente, entendida ao xeito clásico, é dicir, como unha vía de acceso ao coñecemento pero vivencial e práctica, que favorece a realización individual e colectiva.
Curso de Filosofía para Vivir
Os nosos cursos de filosofía práctica reúnen o pensamento dos filósofos máis destacados de Oriente e Occidente, especialmente aqueles filósofos que deixaron un legado duradeiro na fraternidade universal e no desenvolvemento humano.
Esta filosofía activa desenvolve a capacidade de gobernarse a un mesmo, pacificar o espírito e actuar de acordo co que a nosa razón e conciencia poden captar da harmonía do mundo. Conciliar sentimento, pensamento e acción. Ensínache a pensar por ti mesmo e decidir libremente.
Estudos avanzados
Se estás interesado en unha aprendizaxe máis profunda, a nosa Escola ofrece un programa de estudos comparativos de filosofías, estruturado en niveis sucesivos. Este enfoque actualiza o coñecemento tradicional tanto de Oriente como de Occidente e, en consonancia co humanismo clásico, crea sinerxías entre ciencias, artes e filosofías. O obxectivo é proporcionar estratexias prácticas de desenvolvemento persoal que permitan ao individuo canalizar o seu potencial de forma eficaz, seguindo os preceptos dos grandes pensadores clásicos de Oriente e Occidente.
25 sedes en toda España
A Escola Internacional de Filosofía Nova Acrópole desenvolve a súa actividade en 25 sedes en cidades españolas. Pero tamén está presente en máis de 50 países nas súas máis de 400 sedes.
As diferentes nacionalidades, etnias e culturas reúnense nelas unidas por un ideal de Irmandade Universal que promove a filosofía.
Unha intensa actividade de Filosofía, Cultura e Voluntariado
As iniciativas, tanto do alumnado como do profesorado, promoven un amplo traballo que, coa filosofía como eixo, aborda numerosos ámbitos da cultura e do voluntariado: conferencias, foros, encontros internacionais, cursos de verán, exposicións, recitais, teatro…, e voluntariado medioambiental, cultural e social. (Ver máis)
Curso de filosofía para vivir
UNHA PROPOSTA DE FILOSOFÍA DIFERENTE
Completa o formulario e solicita máis información